USC - Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua
Prerrequisitos
Adecuación do perfil académico e profesional do alumno. Evaluación do curriculo, do interese e das expectativas dos alumnos mediante presentación da documentación oportuna e entrevista persoal
Prácticas
Practicum en Empresas e Institucións.
Para qué te prepara
Capacitación técnica en Xestión do Patrimonio Cultural con dous itinerarios especializados distintos e optativos: Xestión Profesional do Patrimonio Artístico e Xestión Profesional do Patrimonio Arqueolóxico.
Dirigido a
Licenciados Universitarios, Arqueólogos, Historiadores da Arte, Historiadores, Licenciados en Humanidades, Diplomados en Restauración e Licenciados Universitarios adicados profesionalmente á Xestión do Patrimonio Cultural con experiencia acreditada.
Mercado da Arte (Opt. Itinerario Xestión Profesional do Patrimonio Artístico) . Créditos: 4
Interpretación e difusión do Patrimonio Cultural (Opt. Itinerario Xestión Profesional do Patrimonio Artístico) . Créditos: 4
Patrimonio audiovisual español e galego (Opt. Itinerario Xestión Profesional do Patrimonio Artístico) . Créditos: 4
Metodoloxías de intervención en Arqueoloxía (Opt. Itinerario Xestión Profesional do Patrimonio Arqueolóxico). Créditos: 4
Arqueoloxía da Paisaxe (Opt. Itinerario Xestión Profesional do Patrimonio Arqueolóxico). Créditos: 4
Arqueoloxía rural e etnografía (Opt. Itinerario Xestión Profesional do Patrimonio Arqueolóxico). Créditos: 4
Paleoambiente e Arqueoloxía (Opt. Itinerario Xestión Profesional do Patrimonio Arqueolóxico). Créditos: 112,9
Arqueoloxía da cultura material moble (Opt. Itinerario Xestión Profesional do Patrimonio Arqueolóxico). Créditos: 4
Revalorización do patrimonio arqueolóxico (Opt. Itinerario Xestión Profesional do Patrimonio Arqueolóxico). Créditos: 4
Traballo fin de curso (Opt. para 10 alumnos). Créditos: 12
Practicum (Opt. para 20 alumnos máximo). Créditos: 12
Este curso engloba ós seguintes cursos de posgrao ou formación contínua:
Curso de Perfeccionamento en Historia e Patrimonio (F6NP)
Curso de Perfeccionamento en Normativa e Lexislación do Patrimonio (F6NQ)
Curso de Perfeccionamento en Instrumentos de Ordenamento Urbanístico (F6NR)
Curso de Perfeccionamento en Arqueoloxía da Arquitectura (F6NS)
Curso de Perfeccioamento en Museoloxía e Museografía (F6NT)
Curso de Perfeccionamento en Conservación e Restauración do Patrimonio (F6NU)
Curso de Perfeccionamento en Xestión de Proxectos Culturais (F6NV)
Curso de Perfeccionamento en Arquitectura e Patrimonio (F6NW)
Curso de Perfeccionamento en Inventario e Catalogación (F6NX)
Curso de Perfeccionamento en Informes Histórico-Artísticos (F6NY)
Curso de Perfeccionamento en Mercado da Arte (F6NZ)
Curso de Perfeccionamento en Interpretación e Difusión do Patrimonio Cultural (F6PA)
Curso de Perfeccionamento en Patrimonio Audiovisual Español e Galego (F6PB)
Curso de Perfeccionamento en Metodoloxías de Intervención en Arqueoloxía (F6PC)
Curso de Perfeccionamento en Arqueoloxía da Paisaxe (F6PD)
Curso de Perfeccionamento en Arqueoloxía Rural e Etnografía (F6PE)
Curso de Perfeccionamento en Paleoambiente e Arqueoloxía (F6PF)
Curso de Perfeccionamento en Arqueoloxía da Cultura Material Moble (F6PG)
Curso de Perfeccionamento en Revalorización do Patrimonio Arqueolóxico (F6PH)
Metodoloxía: Docencia centrada na exposición dos contidos teóricos, metodolóxicos e prácticos, distribuídos en 7 módulos comúns e 6 optativos, segundo cada un dos dous itinerarios especiazadoo, sumando un total de 52 créditos. A estes créditos por aulas deberán sumarse 12 mais para a obtención do título do Master que se poderán conquerir de dous xeitos distintos: mediante un traballo final tutorizado valorado en 12 créditos ou a traverso da realización de un Practicum en Empresas e Institucións (limitado a un máximo de 20 alumnos) de 120 horas (12 créditos) que se desenvolverá entre outubro e xuño de xeito paralelo ás sesións teóricas do curso e que levará aparellada a realización dunha pequena memoria explicativa da actividade desenvolvida nas prácticas.
Procedemento de Avaliación: Avaluación do alumnado por módulos mediante traballos de avaliación, controles de asistencia y participación nas aulas. O traballo final será seguido por un tutor e evaluado por unha comisión. As practicas contarán con seguimento de un tutor e a memoria final das mesmas será evaluada, xunto co informe do tutor, por unha comisión.
Titorías: Titorías personalizadas por parte dos titores e seguimentos conxuntos do grupo de alumnos por parte dos coordinadores de módulos e de asignaturas
Departamento / Centro Organizador: Instituto de Investigación Tecnolóxica. Departamento de Historia da Arte
Directores:
Juan Manuel Monterroso Montero
Felipe Criado Boado
Edición: 2
Duración cursos: 1
Calendario:
Días da semana: Xoves e Venres.
Horario: Xoves e Venres: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Aulas: Salón de Actos do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (módulos comúns e especialidade de Xestión do Patrimonio Arqueolóxico) e Facultade de Xeografía e Historia (especialidade de Xestión do Patrimonio Artístico)